Drosera Fundación Pedro Barrié de la Maza
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

Inicio ConservaciónAcordos de custodia

Colabora na conservación dos teus morcegos mediante un acordo de custodia

¿Qué é un acordo de custodia?

O acordo de custodia é un pacto de boa vontade entre o propietario e Morcegos de Galicia polo que ambos se comprometen a colaborar na conservación dun determinado refuxio de morcegos.

Os termos dun acordo establécense en función das características e circunstancias de cada refuxio, mediante o diálogo das partes implicadas. Non obstante, deben existir dúas premisas básicas que quedarán recollidas no acordo:

  • A disposición do propitario para observar unha serie de boas prácticas que permitan a permanencia dos morcegos, así como a busca de solucións aos posibles conflictos derivados da súa presenza.
  • O compromiso de Morcegos de Galicia no seguemento da colonia e o asesoramento ao propietario en todo o derivado da presenza dos morcegos.

¿Para que serve un acordo de custodia?

O acordo de custodia concreta e da visibilidade á vontade do propietario e Morcegos de Galicia de colaborar na conservación dos morcegos.

O acordo non posúe implicacións legais, pero sí un forte contido didáctico e de sensibilización. Ó amosar a sensibilidade e preocupación dos propietarios pola conservación dos morcegos cos que conviven, facilita o achegamento a propietarios máis reacios a permitir a presenza de morcegos nas súas casas. Por outro lado, evidencia a utilidade das ferramentas participativas nos programas de conservación de especies ameazadas.


Listaxe de descargas

MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org