Drosera Fundación Pedro Barrié de la Maza
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

Inicio InvestigaciónAtlas morcegos

Atlas de Morcegos de Galicia

Obxectivos

  • Traballos Atlas
  • Traballos Atlas
  • Traballos Atlas
  • Traballos Atlas
  • Traballos Atlas
  • Traballos Atlas

  • Identificar as especies de quirópteros presentes en Galicia.
  • Establecer a distribución das especies de quirópteros presentes en Galicia.
  • Estudar os condicionantes ecolóxicos que determinan a distribución das especies de quirópteros en Galicia.

Descrición

No Atlas de Morcegos de Galicia exponse información fiable e actualizada sobre a distribución dos morcegos en Galicia. A meirande parte da información é de autoría propia, pero exponse tamén a información recollida no Atlas y Libro Rojo de los Murciélagos de España (Palomo et al, 2007) así como información facilitada por outros autores.

Cando no ano 2007 comezamos co traballo específico para o AMG dispúñase de escasa información para as 18 especies de morcegos citadas ata entón. Na actualidade, son xa 24 as especies citadas en Galicia, e aínda que, para algunhas, a información dispoñible segue a ser escasa, noutras realizáronse grandes avances no coñecemento da súa distribución e ecoloxía. O AMG é un proxecto vivo; a súa información actualizase anualmente, amosándose unha ferramenta indispensable para outros proxectos de investigación, impacto ambiental, etc.

Patrocinadores

Xunta de Galicia (2007-2009), a cargo das convocatorias de axudas para entidades sen ánimo de lucro.
A actual páxina web de Morcegos de Galicia foi financiada íntegramente pola Fundación Barrié.
Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. financiou a campaña 2013.

Agradecementos

Queremos agradecer a colaboración no envío de datos para o Atlas de Morcegos de Galicia a "Sorex, ecoloxía e medio ambiente", Cosme Damián Romai, Serxio París e todos aqueles que nos envían observacións de morcegos en casas, minas e todo tipo de refuxios.


Listaxe de ligazóns

MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org