Drosera Fundación Pedro Barrié de la Maza
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

Inicio InvestigaciónProxecto HIPPOS

Conservación do morcego de ferradura pequeno, Rhinolophus hipposideros, en Galicia a través do estudo xenético das súas poboacións

Obxectivos

  • Hippos 1
  • Hippos 2
  • Hippos 3
  • Hippos 4
  • Hippos 5
  • Hippos 6

  • Inventariar e ubicar xeográficamente as colonias de cría de morcego de ferradura pequeno en Galicia.
  • Determinar a súa historia xeográfica e tendencia poboacional en Galicia.
  • Establecer a relación xeográfica e de parentesco entre as distintas poboacións galegas.
  • Determinar a relación entre dinámica poboacional e características paisaxísticas e xeográficas do hábitat, incluíndo transformacións recentes do entorno.
  • Informar sobre o estado poboacional e propoñer lugares de actuación prioritaria e medidas precisas para a súa conservación.
O Proxecto Hippos xurde da colaboración entre Drosera e a Fundación Pedro Barrié de la Maza (FPBM) a través do programa Patrimonio Vivo. Os obxectivos deste programa son o estudo, conservación, coñecemento e difusión do Patrimonio de Galicia en calquera das súas facetas, sendo o beneficiado, neste caso, o Patrimonio Natural.

A través desta colaboración tanto Drosera como a FPBM queremos contribuír á posta en valor e recoñecemento do Patrimonio Natural de Galicia e a súa conservación.

Descrición

Cartel Proxecto Hippos

O morcego de ferradura pequeno é unha das especies de quirópteros máis ameazadas en Europa. A transformación dos hábitats e o uso xeralizado de pesticidas ou a desaparición de refuxios, apúntanse como as principais causas do declive das súas poboacións. Deste xeito, extinguiuse hai pouco tempo en Bélxica e Holanda, e os seus efectivos reducíronse en Alemaña, Suíza e Italia.

En Galicia, é unha especie común, amplamente distribuída polo territorio. Lamentablemente, a falta de datos históricos sobre a evolución das poboacións galegas impídenos avaliar correctamente a súa actual situación poboacional.

Este proxecto de investigación pretende ser unha ferramenta de conservación baseada no estudo xenético do morcego de ferradura pequeno. Non debemos esquecer que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) traballa a tres niveis: a conservación da diversidade dos ecosistemas, a diversidade das especies e a diversidade xenética. Coñecer a diversidade xenética da especie en Galicia permitiranos identificar e delimitar as súas poboacións, estimar o pasado evolutivo das súas linaxes - se están en expansión, equilibrio ou declive - e detectar que poboacións están ameazadas e cales son fundamentais para a súa conservación. Poderemos, tamén, establecer o parentesco entre poboacións, inferir as rutas de colonización e revelar aqueles elementos da paisaxe fundamentais para o mantemento da comunicación entre poboacións, é dicir, do fluxo xenético entre elas. Coñecer estes elementos paisaxísticos permitiranos realizar unha axeitada toma de decisións respeto da xestión e conservación da especie.

Cos resultados deste proxecto obteremos unha valiosísima información que nos axudará a coñecer e a conservar o morcego de ferradura pequeno, non só en Galicia, senón en toda a súa área de distribución.


Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas

MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org