Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
Inicio ConservaciónMorcegos en construcións

Morcegos en construcións

  • Morcegos en construcións. Na casa
  • Morcegos en construcións. Na casa
  • Morcegos en construcións. Na igrexa
  • Morcegos en construcións. Na igrexa

As construcións humanas posúen múltiples ocos que os morcegos poden utilizar como refuxio: un sobrado con pouco uso, un cuberto de lousa, unha cámara de aire, unha fenda na parede... Para moitas especies, estes refuxios son fundamentais durante a época de cría, pois neles atopan condicións idóneas para o axeitado desenvolvemento do embarazo e das crías. Os morcegos veñen refuxiándose en habitáculos humanos desde antigo, establecéndose unha relación de dependencia entre as súas poboacións e as nosas construcións. Relación que adoita ser beneficiosa para ambos.

¿Onde atopamos os morcegos?

Agrupación de morcegos

[Velaquí uns exemplos dalgúns morcegos que adoitan facerse veciños nosos]

¿Conflicto ou oportunidade?

A aparición de morcegos nunha casa, igrexa ou outra construcción adoita xerar rexeitamento por parte dos propietarios. Por un lado, son comúns os medos baseados no descoñecemento ou nas falsas crenzas; por outro, están as molestias que os excrementos e ouriños poden causar. Polo xeral, molestias e medos poden superarse adoptando sinxelas medidas de prevención e ofrecendo ós propietarios a información axeitada.

Os morcegos xogan un papel esencial no equilibrio do noso ecosistema, pois son os principais consumidores de insectos nocturnos. Se pensamos que entre estes insectos atópanse algúns que constitúen plagas para cultivos e prados - ou os molestos mosquitos - quizais vexamos con maior simpatía ós nosos misteriosos veciños!

Desde aquí animamos ós que teñen morcegos na casa a velos, non como un problema, senón como unha oportunidade. Posibilitando a permanencia de colonias de morcegos nas nosas construccións estaremos contribuindo á conservación destes pequenos, fascinantes e imprescindibles animais.


Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas

Coa colaboración de

Deputación DA CORUÑA
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org