Drosera Fundación Pedro Barrié de la Maza
Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Atlas de morcegos de Galicia

Información actualizada sobor da distribución das diferentes especies de morcegos en Galicia

Estudio e conservación do morcego de ferradura pequeno.

Estudio da situación poboacional do morcego de ferradura pequeno en Galicia

Morcegos e soutos: un exemplo de biodiversidade asociada a bosques culturais

Obxectivos

  • Morcegos e soutos_radiobuscando
  • Morcegos e soutos_Nyctalus leisleri
  • Morcegos e soutos_tomando medidas
  • Morcegos e soutos_equipo IV
  • Morcegos e soutos_demoucando
  • Morcegos e soutos_agardando polos morcegos

  • Determinar a abundancia e diversidade de morcegos, con especial atención ás especies estritamente forestais, en unidades paisaxísticas da montaña con diferente representación de formacións de souto.
  • Determinar o uso do souto como refuxio e/ou hábitat de alimentación para diferentes especies de quirópteros.
  • Identificar as características dos soutos que favorecen a existencia de comunidades máis diversas de morcegos.

Descrición

As serras de Ancares e O Courel posúen unha das máis diversas e abundantes comunidades de morcegos do noroeste peninsular, destacando polo seu interese a comunidade de morcegos forestais. Nestas montañas, unha das formacións forestais máis extensas e antigas son os soutos, bosques culturais de castiñeiros. Emprendemos este estudo para caracterizar o uso que as diferentes especies de quirópteros realizan do souto e determinar a importancia do mesmo no mantemento da diversidade de quirópteros. Preténdese determinar as características morfolóxicas e ecolóxicas que favorecen a diversidade de quirópteros nos soutos mediante o estudo de formaciones diferenciadas e de unidades paisaxísticas nas que estas formacións teñen diferente importancia. Agardamos que os resultados do proxecto ofrezan información valiosa para a xestión da biodiversidade en zonas de montaña.

Patrocinadores

Fundación Biodiversidad


Contamos cunha beca de Novacaixagalicia que permitíu contar cunha persoa de apoio durante 6 meses.


MORCEGOSDEGALICIA.ORG Drosera • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org