Atlas de morcegos de Galicia
Ciencia Cidada
Morcegos na casa
Acordos de custodia
Caixas Refuxio
  • Myotis bechsteinii (Foto de David Graña)

Nome científico

Myotis bechsteinii

Nome común

Morcego de Bechstein


Familia

Familia Vespertilionidae


Xénero

Xénero Myotis


Visita o atlas de distribución

Descrición

Morcego de tamaño medio [♂♂: peso 8,8 (7,5-10,0) g; lonxitude antebrazo 40,8 (38,7-42,7) mm / ♀♀: peso 9,6 (8,0-10,8) g; lonxitude antebrazo 42,4 (40,3-46,3) mm]. Inconfundible polo gran tamaño das súas orellas, aínda que non acaden o mesmo desenvolvemento que nos morcegos orelludos (xénero Plecotus).

Distribución

Especie rara e pouco frecuente, aínda que, con seguridade, máis espallada do que aquí se reflexa. Foi citada nunhas poucas localidades en Galicia, sempre ligada á preseza de boas formacións de caducifolias. Única poboación reprodutora coñecida na península do Morrazo.

Refuxio

Coñécense dous refuxios de hibernación e dous sitios swarming para esta especie, ambos cavidades subterráneas. A información dispoñible e a zona na que se capturaron as femias reproductoras fan pensar que a cría ten lugar en cavidades de árbores vellas.

Hábitat

Todas as capturas se fixeron en zonas boscosas dominadas por árbores caducifolias

Ecolocación

Os seus pulsos son semellantes ós doutros Myotis, cunha compoñente de frecuencia modulada (FM) de amplo espectro (70-30 Khz) e curta duración. Ata o momento non é posible a súa identificación a través do análise de ultrasóns.


Coa colaboración de

As Pontes de García Rodríguez
MORCEGOSDEGALICIA.ORG • Ecoloxía e conservación dos quirópteros galegos
info@morcegosdegalicia.org