» Acceso usuarios

 

Quen somos

MorcegosDeGalicia.org

Drosera Drosera é unha organización sen ánimo de lucro, adicada ao estudio e a conservación do medio natural en Galicia. Naceu en Lugo no ano 2004 e desde entón vimos traballando principalmente no estudio das poboacións de morcegos de Galicia e na implantación de sistemas de custodia do territorio para a conservación de espazos de interese ecolóxico.

Desde 2008 o Grupo Galego de Ecoloxía e Conservación de Quirópteros (GCECQ) coordina todas as actuacións relacionadas cos morcegos, tanto o que atinxe á investigación da súa bioloxía como á adopción de medidas de conservación, englobadas no programa "Morcegos de Galicia".

O GGECQ está formado por persoas interesadas en afondar no coñecemento dos morcegos galegos e traballar a prol da súa conservación.

Se estás interesado en traballar co GGECQ ponte en contacto con nós no enderezo info@morcegosdegalicia.org

O noso enderezo social é:

Bolaño Rivadeneira, nº7, 2º 27001 LUGO